Novas do Concello
Curso de Preparación para obter o Graduado en Educación Secundaria
O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula para un curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o título de Graduado en Educación Secundaria (ESO). O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 20 de outubro con un número de prazas é limitado.
Ampliación da rede de abastecemento
O concello de Oroso comeza as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga achegando o suministro ata o lugar da Barreira na parroquia de Calvente.
Voluntarios Protección Civil
Os compañeiros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso inician unha campaña de captación de voluntarios.
Aberto o prazo de matrícula na Aula Mentor
Dende EducaOroso informamos da apertura de prazos de matriculación para as actividades formativas da Aula Mentor. Con máis de 200 cursos de formación en liña accesible para todos, matrícula aberta e co apoio dun titor en permanente contacto co alumno.
Programa STEAM
A Aula de CeMIT EducaOroso participa no Programa “STEAM” coa finalidade de motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado guiado por unha rede de profesionais.
Oroso recupera becas a deportistas individuais
Oroso abre unha liña de axudas destinada á promoción do deporte tras dous anos de parón. Consciente da dificultade que teñen moitos deportistas individuais para levar a cabo os seus adestramentos e proxectarse na competición polo elevado custe que supoñen os desprazamentos, licencias ou equipacións, o goberno local considera necesario aprobar estas axudas a deportistas individuais con
carácter de beca.
Excursión Aquapark Cerceda
O vindeiro mércores 23 de agosto o Concello de Oroso ten programada unha excursión ao Aquapark de Cerceda, unha actividade que se engloba dentro da Semana Cultural.