subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

STEAM: Obradoiros para a rapazada


orosoA Aula de Formación EducaOroso participa no Programa “STEAM” coa finalidade de motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado guiado por unha rede de profesionais.

Obxectivos:
Crear referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado para que aposten por carreiras STEAM.

En qué consiste:
En colaboración con Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) desenvólvese o Programa “STEAM”. O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas e nenos aos roles no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas.

Realízanse 2 quendas por idades, o venres 23 e o luns 26 de xullo.
Quenda 1: rapazada de 8-11 anos de 10:00 a 11:30 horas
Quenda 2: rapazada de 12-15 anos de 12:00 a 13:30 horas

O aforo máximo por quenda será de 10 persoas e terán lugar, sempre que sexa posible, en aulas CeMIT

A quen vai dirixido:
Nenas e nenos de 8 de 15 anos.

Inscricións:
As inscricións realizaranse de balde a través do enderezo electrónico educaoroso@oroso.gal ou no teléfono 981973927.