Ordenanza fiscal reguladora das taxas por utilizacións privativas e aproveitamentos especiais do dominio público local. (B.O.P. Nº273)
Refundida
Artículo 1º. Fundamento e natureza
En exercicio da potestade tributaria outorgada, con carácter xeral, polo artigo 133.2 y 142 da Constitución e 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, e a que en particular concede, respecto as tasas, o artigo 57 do TR 2/2004 da Lei 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora das Facendas Locales, este Concello establece as tasas por utilizaciones privativas e aproveitamentos especiais do dominio público local, que rexirase pola presente Ordenanza Fiscal, cuias normas se axustan ás disposicións contidas nos artigos 20 a 27 da Lei 39/88, e subsidiariamente, ós preceptos da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos.
Artículo 2º. Feito impoñible
De conformidade co previsto no Art. 20.1 A) do TR 2/2004 da Lei 39/1.988 de 28 de Diciembre, reguladora das Facendas Locais constitue o feito impoñible das taxas por utilizacións privativas e aproveitamientos especiais do dominio público local os seguintes:
- Apertura de calicatas ou zanxas en terreo de uso público e calquer remoción do pavimento ou aceras na vía pública e nas súas normas específicas reguladoras.
- Instalación de quioscos, mesas e cadeiras na vía pública e as súas normas específicas reguladoras.
- Ocupación de terrenos de uso público con mercadorías, materiais de construcción, escombros, vallas, puntais, andamios e outras instalacións e as suas normas específicas reguladoras.
- Entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva da vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías de calquera clase e as súas normas específicas reguladoras.
- Ocupacións de subsolo, solo e voo da vía pública e as súas normas específicas reguladoras.
Artículo 3º. Exencións e bonificacións
O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obligados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, polos aproveitamentos inherentes ós servicios públicos de comunicaciones que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadana ou á defensa nacional.
Salvo os supuestos establecidos no apartado anterior, non se admitirá, en materia de taxas, beneficio tributario alguno.
Artículo 4º. Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuintes, as personas físicas e xurídicas así como as entidades as que se refire o Art. 33 da Lei Xeral Tributaria, que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local en beneficio particular.
Artículo 5º. Sustitutos
Terán a condición de sustitutos do contribuinte nas taxas establecidas por entradas de vehículos ou carruaxes a través das beirarrúas e pola sua construcción, mantemento, modificación ou supresión, os propietarios das fincas e locales a que den acceso as devanditas entradas de vehículos, quenes poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.
Artículo 6º. Devengo
O devengo da taxa producirase cando se inicie o uso privativo ou o aproveitamento especial; en todo caso cando se presente a solicitude que inicie a actuación ou o expediente esixirase o pago ou depósito previo, que non se tramitará sen que efectuase o pago correspondente.
Cando o devengo da taxa teña carácter periódico, o mesmo terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano e o periodo impositivo comprenderá o ano natural, salvo nos supostos de inicio ou cese na utilización privativa, ou aproveitamento especial, en cuio caso o periodo impositivo axustarase a esa circunstancia co conseguinte prorrateo da cuota, con carácter trimestral.
Cando por causas non imputables ó suxeito pasivo, o dereito á utilización ou aproveitamento do dominio público non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.
Artículo 7º. Cota tributaria
A cota a satisfacer pola taxa que se regula na presente Ordenanza, será a que resulte de aplicar as tarifas e cantidades seguintes:
A) TAXA POR APERTURA DE CALICATAS OU ZANXAS EN TERREO DE USO PÚBLICO E CALQUER REMOCION DO PAVIMENTO OU BEIRARRÚAS NA VIA PUBLICA E AS SÚAS NORMAS REGULADORAS
Apertura de zanxas para instalación, reparación ou supresión de servicios de gas, electricidade, auga, tendido de cables ou tuberías, excepto contías inferiores a 5 m2, por m2 ou porción, por trimestre ou fracción. | 3 € |
Normas de aplicación:
- Á cota tributaria engadiranse a fianza a depositar polo obligado ó pago da taxa que determinen os Servicios Técnicos Municipales en garantía das obras de reposición do pavimento, e a depreciación ou deterioro do dominio público que poida ocasionar as devanditas obras.
- Os efectos de computa-la superficie ocupada terase en conta a superficie ocupada pola zanxa e unha zoa perimetral de seguridade de 1 metro a cada lado.
- No caso de que, efectuada a reposición do pavimento polo concesionario da licencia, os Servicios Municipales estimen, previas as comprobaciones pertinentes, que as obras non se realizaron en forma debida, o concello poderá proceder á demolición e nova construcción das obras defectuosas, vindo obrigado o concesionario da licencia a satisface-los gastos que se produzan pola demolición, recheo de zanxas e nova reposición do pavimento.
- Se transcurrido o prazo autorizado continuara abierta a calicata, ou non quedase totalmente reparado o pavimento e en condiciones de uso normal, liquidaranse novos dereitos segundo a tarifa aquí stablecida, sen perxuicio das sancións que poidesen impoñerse pola Alcaldía.
B) TAXA POR INSTALACION DE QUIOSCOS, MESAS E CADEIRAS, NA VIA PÚBLICA E AS SÚAS NORMAS REGULADORAS
1º. Quioscos
CLASE DE INSTALACIÓN | EURO |
a) Quioscos dedicados á venda de prensa, libros, expendeduría de tabaco, lotería, chucherías, etc. Por m2/año | 50 euros |
b) Quioscos dedicados á venda de xelados, refrescos e demais artigos propios de temporada e non incluidos en outros epígrafes. Por temporada | 150 euros |
Normas de aplicación:
- Para a determinación da superficie computable a efectos de aplicación da tarifa, ademáis da superficie ocupada estrictamente polo quiosco, se terá en conta a superficie anexa utilizada para a exposición dos productos de venta, que de non ser declarada calcularase en base a unha franxa perimetral de 1 metro de ancho.
2º. Mesas, cadeiras e veladores. Por m2 de superficie ocupada ou fracción .... 6 euros.
Normas de aplicación:
- Se coma consecuencia da colocación de toldos, marquesinas, separadores, barbacoas e outros elementos auxiliares se delimita unha superficie maior á ocupada por mesas e cadeiras, tomarase aquela como base de cálculo.
- O período de disfrute do aprovechamiento autorizado será igual en todolos casos e abarca dende o 15 de marzo ata o 15 de outubro.
- A superficie de ocupación será sinalizada polos servicios municipais, debendo o interesado aillalas mediante a instalación de setos ou xardineras.
C) TAXA POR OCUPACION DE TERREOS DE USO PÚBLICO CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, ESCOMBROS, VALADOS, PUNTAIS, ANDAMIOS E OUTRAS INSTALACIÓNS E AS SÚAS NORMAS REGULADORAS
Por m2/semestre ou fracción. O cómputo farase por semestres naturais a efectos dos devengos periódicos | 6,75 euros |
Por cada guindastre utilizado na construcción, cuio brazo ocupe no seu recorrido o voo da vía pública, ó semestre ou fracción | 400 euros |
D) TAXA POR ENTRADA DE VEHICULOS A TRAVESO DA BEIRARRÚA E AS RESERVAS DA VIA PUBLICA PARA APARCAMENTO, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE E AS SÚAS NORMAS REGULADORAS
A) TARIFA PRIMEIRA
Entrada de vehículos en edificios ou cocheras particulares ou aparcamentos individuais da súa propiedade dentro de un aparcamento xeral e as situacións en zoas ou rúas particulares que formen parte de comunidades de propietarios con prohibición de aparcamentos para vehículos que non sexan propiedade de algún membro da comunidade:
Cota Anual
1. Capacidade de ata tres turismos (30 euros)
2. Capacidade de 4 a 10 turismos (60 euros)
3. Capacidade de 11 a 25 turismos (100 euros)
4. Capacidade de 25 turismos en adiante (140 euros)
B) TARIFA SEGUNDA
Entrada de vehículos en garaxes ou locales para a garda de vehículos mediante pago:
Cota Anual
1. Capacidade de ata 20 vehículos (100 euros )
2. Capacidade de 21 a 40 vehículos (150 euros)
3. Capacidade de 41 vehículos en adiante (200 euros)
C) TARIFA TERCEIRA
Talleres de reparación de vehículos de tracción mecánica, de prestación de servicios de engrase, lavado, petroleado, venda, exposición etc (120 euros anuais)
D) RESERVA DE ESPACIO (VADO HORARIO)
En aquellos establecimientos comerciais que, pese a non reunir os requisitos fixados polo órgano municipal competente para o outorgamento permanente de este tipo de autorizacións, necesiten a reserva de espacio na vía pública para operacións de carga ou descarga de mercadorías ou outras de índole similar, o Alcalde-Presidente, previo informe da Policía Local, poderá autorizar o VADO HORARIO por tempo limitado e en razón ós metros estrictamente necesarios para tales operacións, abonándose por dita reserva a cantidade de 8 euros anuais/m2.
Normas de aplicación:
- As cantidades esixibles con arreglo ás tarifas liquidaránse por cada aproveitamento prorrateándose nos casos de alta e baixa por trimestre.
- Na solicitude de aproveitamento farase constar o número de prazas do local, así como outros datos que interesen, acompañando un plano detallado da súa situación dentro do Municipio e con expresión gráfica e os datos declarados.
- No suposto de existir un so paso construido para o acceso a dous ou máis fincas ou locais de distintos propietarios, se computará a cada un a medida que resulte de traza-la vertical dende a divisoria ou pared medianera existente entre as devanditas fincas ou locales.
Cando o paso sirve de acceso a dous o máis fincas o locales de distintos propietarios sen réxime de comunidade, a taxa correspondente se distribuirá entre as distintas fincas o locales, de manera proporcional en función da superficie de aqueles.
E) TAXA POR OCUPACIÓNS DE SUBSOLO, SOLO E VOO DA VIA PÚBLICA E AS SÚAS NORMAS REGULADORAS
A) ANUNCIOS INSTALADOS OCUPANDO TERRENOS DE DOMINIO PÚBLICO LOCAL
Reloj-termómetro con usos publicitarios e outras columnas anunciadoras, de superficie inferior a 5 m2 , por unidade/ano | 75 euros |
Vallas publicitarias e en xeral mobiliario urban con exposición publicitaria, por m2 ou fracción, ó ano | 13,5 euros |
B) APROVEITAMENTOS DO SUBSOLO, SOLO E VOO DA VÍA PÚBLICA POR EMPRESAS EXPLOTADORAS DE SERVICIOS DE SUMINISTROS QUE RESULTEN DE INTERÉS XERAL
No caso de empresas explotadoras de servicios de suministros que resulten de interés xeral, estarase ó disposto no artigo 24.1 c) da lei 39/88 sobre a determinación da base impoñible e tipos de gravame.
Artículo 8. Deterioro do dominio público local
Cando a utilización privativa ou o aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen perxuicio do pago da taxa a que houbese lugar, estará obligado ó reintegro do coste total dos respectivos gastos de reconstrucción ou reparación e ó depósito previo do seu importe.
Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada en cuantía igual ó valor dos bens destruidos ou o importe do deterioro dos danados, non poidéndose condonar total ni parcialmente as indemnizacións e reintegros referidos.
Artículo 9. Réxime de xestión
- As taxas que se devenguen polas concesións de novos aproveitamentos, esixiranse con carácter xeral en réxime de autoliquidación, que deberá practicarse coa solicitude da preceptiva autorización municipal.
- Non obstante o anterior, nos procedementos de concesión de licencias ou concesións por aproveitamentos de dominio público derivadas de procedementos de concorrencia competitiva ou iniciados de oficio polo Concello, unha vez concedida a oportuna licencia ou concesión municipal practicarase polos servizos económicos municipais a preceptiva liquidación que será xirada ós titulares da licencia ou concesión.
- No caso de que as utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais non teñan carácter temporal, nos exercicios seguintes ó da concesión, a taxa devengarase nos termos previstos no párrafo 4º do artigo 6, e a súa xestión e recadación realizarase mediante recibo en base a un padrón ou matrícula anual.
- As empresas explotadoras de servicios de suministros, deberán presentar no concello nos tres primeiros meses de cada ano declaración comprensiva dos ingresos brutos obtidos no ano anterior, xunto coa autoliquidación e ingreso das contías resultantes na tesourería municipal. A devandita declaración deberá acompañarse dos documentos acreditativos da facturación efectuada no Termo Municipal de Oroso, así como a que en cada caso solicite a Administración Municipal.
As normas de xestión a que se refire este capítulo terán carácter supletorio, cando existan convenios ou acordos entre o concello de Oroso e as Empresas Explotadoras de Servicios de Subministros. - No caso de concurrencia competitiva para a concesión de un aproveitamento do dominio público, as tarifas indicadas na presente ordenanza terán a consideración de tarifas base para ser obxecto de mellora polos licitantes.
Artículo 10. Convenios de colaboración
Se poderán establecer convenios de colaboración con entidades, institucións e organizacións representativas dos suxeitos pasivos das taxas, co fin de simplificar o cumplimento das obrigas formales e materiales derivadas de aqueles, ou os procedimentos de liquidación e recadación.
Artículo 11. Infraccións e sancións
Estarase ó disposto sobre a materia na Lei Xeral Tributaria e disposicións de desenrolo na materia.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA
Quedan derogadas totalmente as ordenanzas municipais na materia que se refiran ós conceptos regulados na presente ordenanza.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo Pleno Municipal entrará en vigor logo da súa aprobación definitiva ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá en vigor ata a súa derogación expresa ou tácita.