subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas. (I.A.E.). (B.O.P. Nº 273)
Refundida


Artigo 1º. Fundamento e Natureza

O Imposto sobre Actividades Económicas esixirase neste Concello de conformidade co disposto na lexislación reguladora das facendas locais, nestes momentos os artigos 78 a 91 do RDL 2/2004 polo que se aproba o Texto Refundido da lei reguladora das facendas locais, aplicándose sobre ditas disposicións os elementos determinantes da cota tributaria que se regulan nos artigos seguintes da presente Ordenanza fiscal.

Artigo 2º. Coeficientes de situación

  1. De conformidade co disposto no artigo 87 RDL 2/2004, establecense os seguintes coeficientes de situación para cada unha das categorías de rúas:
    CATEGORÍA COEFICIENTE
    2
    1,5
    1

  2. Ós efectos da aplicación do cadro de coefientes teranse en conta as seguintes reglas:
    1. Cando un vial de nova apertura non estea comprendido na relación de rúas do anexo, aplicaraselle proviosionalmente o encadramento na derradeira categoría.
    2. Cando se trate de locais que teñan fachada que de a dous ou máis vías públicas, clasificadas en distintas categorías, aplicarase o coeficiente da categoría superior, sempre que exista acceso normal dende a devandita rúa.
    3. No caso de sotos, ou locais que non teñan fachada directa á rúa, aplicarase o coeficiente da rúa onde se atope o acceso principal.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Quedan derogadas calesquera outras normas sobre o Imposto de Actividades Económicas aprobadas por este concello en data anterior a presente.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación da ordenanza fiscal, aprobada a súa redacción definitiva polo Pleno do Concello, entrará en vigor ó 1 de xaneiro de 2010 logo da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.