subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Solicitude inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia.


Obxecto:

Para obter a condición de parella de feito, conforme o establecido na disposición adicional terceira da Lei 2/2006 do 14 de xuño, será necesaria a inscrición no Rexistro de parellas de feito de Galicia.
Poderán facelo as persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio.

Requisitos:

Para a inscrición no rexistro serán necesarios os seguintes requisitos:

  • Ser maiores de idade.
  • Non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
  • Manifestar a vontade de ser parella de feito.
  • Non formar parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.
  • Non estar incapacitado xudicialmente para rexer a súa persoa.
  • Ter algún dos membros da parella a veciñanza galega.
  • Acreditar o empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio dalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.


Normativa:



Documentación necesaria:

Para a inscrición no rexistro serán necesarios os seguintes requisitos:

  1. Solicitude (modelo normalizado)

  2. Fotocopia compulsada do DNI de ambos os membros da parella, ou, no caso de estranxeiros, documento similar no seu país.
  3. Certificación de empadroamento.
  4. Acreditación do estado civil de ambos os membros da parella mediante certificación do Rexistro Civil ou equivalente, no caso de estranxeiros.
  5. Declaración de vontade de constituír parella de feito (contida no modelo de solicitude).
  6. Declaración responsable de non ter constituída parella de feito con outra persoa (contida no modelo de solicitude).
  7. De ser o caso, sentenza xudicial de divorcio, ou nulidade ou certificado literal de matrimonio no que consten algún destes extremos.
  8. Declaración responsable de non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao(contida no modelo de solicitude).
  9. Declaración responsable de non estar incapacitados para os efectos de prestar o seu consentimento para constituír parella de feito(contida no modelo de solicitude).
  10. Fotocopia compulsada do libro de familia, ou equivalente, nos casos nos que houbese fillos comúns ou de calquera dos membros da parella.

(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán achegarse copias compulsadas, agás que na orde figure outra indicación.
(*) Nos supostos dos puntos 5,6,8 e 9, deberán cumprimentarse dúas veces, unha vez por cada membro da parella.

Lugar de presentación da documentación:

  • Portelo Único do Concello de Oroso.
  • CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
    Delegación Provincial da Consellería de Presidencia da Coruña
    Praza Luis Seoane, s/n
    15008 A Coruña
    Teléfono: 981182343 Fax: 981182345

    Delegación Provincial da Consellería de Presidencia de Lugo
    Ronda da Muralla, 70
    27071 Lugo
    Teléfono: 982294065 Fax: 982294067

    Delegación Provincial da Consellería de Presidencia de Ourense
    Avda. da Habana, 79
    32004 Ourense
    Teléfono: 986805312 Fax: 986805510

    Delegación Provincial da Consellería de Presidencia de Pontevedra
    R/ Fernández Ladrea, 43 - 9º
    36003 Pontevedra
    Teléfono: 986805312 Fax: 986805510


Sentido do silencio:

Negativo

Prazo de resolución:

Tres meses.

Teléfono para concertar cita:

981 185 974
Concertar cita no teléfono de cita previa que se indica ao final para prestar consentimento en persoa cando sexan requiridos.
Se se quere evitar este trámite, achegarase á solicitude e demais documentación un documento notarial de manifestación da vontade de constitución de parella de feito.