subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de selfies.


Formulario de inscrición:



Bases do concurso:

As bases polas que se rexerá o Concurso de Selfies son:

Primeira
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
Tratase de que os participantes se fagan autofotos ou máis coñecido como selfies, en solitario ou en grupo nalgún punto do concello de Oroso e as presenten ao concurso.

Segunda
O concurso está dirixido á xuventude entre 12 e 25 anos residentes no concello de Oroso e que presenten imaxes propias, orixinais e inéditas.

Terceira

  • Cada participante poderá prensentar un máximo de 3 selfies (cada selfie levará un titulo ou nome) que cumplan os requisitos descritos nas bases.
  • Non se admitirán imaxes ofensivas, discriminatorias, racistas e en xeral que poidan ferir sensibilidades.
  • Valorarase a orixinalidade e contido estético das mesmas.

Cuarta
O prazo de presentación das fotografías concluirá o día 6 de maio de 2015 e o resultado comunicarase o día 19 de maio de 2015.
As votacións por parte dos usuarios serán do 8 ao 15 de maio na Aula de Xuventude de luns a venres de 5 a 8, enseñando ao responsable o DNI, as votacións son abertas, pode votar quen queira, pero soamente o poderá facer unha vez.

Quinta
As imaxes deberán ser enviadas ao seguinte correo electrónico xuventude@concellooroso.com.
Aportando datos persoais e de contacto, no caso dos participantes que sexan menores de idade será necesaria unha autorización do pai/nai/titor/titora para a difusión das imaxes (cubrir solicitude de participación)
As fotos poden ser tomadas en calquera situación e momento, solo co requisito de que sexa no concello de Oroso.
Unha vez rematado o prazo de entrega das fotos, un xurado fará unha selección das mellores imaxes, para crear unha exposición na aula da xuventude.
Unha vez expostas e abertas ao público, será este cos seus votos quen decida o gañador final. As datas nas que se expoñerán para votar serán do 8 de maio ao 15 de maio no horario da Aula da Xuventude de 17 a 20h.

Sexta
Os participantes autorizan que os seus datos persoais se incluan nun ficheiro cuio responsable e a concelleria de xuventude do concello de Oroso, que os utilizará para xestionar o concurso, para contactar cos gañadores, entrega de premios e enviarlle comunicacións posteriores. Estos datos serán tratados de xeito confidencial conforme a lei orgánica 15/1999 de protección de datos persoais.

Sétima
A resolución farase efectiva o día 19 de maio de 2015 unha vez feito o reconto dos votos.

Oitava
O premio para o/a gañador/a será:
Gañador: Cea para dúas persoas no Café de Manuela.

Novena
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.