VI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE OROSO.
O Concello de Oroso organiza o domingo 22 de abril a súa sexta carreira popular pedestre nun circuito urbano e rural e con probas para todas as categorías. As probas darán comenzo as 10:00 horas e estarán baixo o control técnico do Comite Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
Regulamento
- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado. Esta carreira pertence ó VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial de A Coruña.
- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
- A inscrición da proba absoluta (de junior a veteráns) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite: mércores 19 de abril ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 19 de abril ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 5€ por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
- Os dorsais retiraranse nas oficinas do Centro Deportivo o sábado 21 de abril de 10:00 a 14:00 ou de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo o día anterior). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Civico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
- PREMIOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas e agasallos todos/as os participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Establécense tamén 3 premios en metálico para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina e feminina.
As cuantias son as seguintes:
1º Clasificado/a: 200 €
2º Clasificado/a: 100 €
3º Clasificado/a: 50 €
Todos os participantes recibirán tamén un agasallo como recordó
- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
CATEGORIA |
ANO DE NACEMENTO |
HORA |
DISTANCIAS |
Pitufo |
Nados/as 2013 e posteriores |
11:10 |
300 m |
Prebenxamín |
Nados/as en 2011-2012 |
11:20 |
300 m |
Benxamín/sub 10 |
Nados/as en 2009-2010 |
11:40 |
1000 m |
Alevín/sub 12 |
Nados/as en 2007-2008 |
11:50 |
2000 m |
Infantil/sub 14 |
Nados/as en 2005-2006 |
12:00 |
2000 m |
Cadete/sub 16 |
Nados/as en 2003-2004 |
12:15 |
3000 m |
Xuvenil/sub 18 |
Nados/as en 2001-2002 |
12:30 |
3000 m |
Junior/sub 20 |
Nados/as en 1999-2000 |
10:00 |
10000 m |
Promesa/sub 23 |
Nados/as en 1996-1997-1998 |
10:00 |
10000 m |
Senior |
Nados/as en 1995 ata 1984 |
10:00 |
10000 m |
Veterano/a 1 |
Nados/as en 1983 ata 1978 |
10:00 |
10000 m |
Veterano/a 2 |
Nados/as en 1977 ata 1969 |
10:00 |
10000 m |
Veterano/a 3 |
Nados/as en 1968 ata 1959 |
10:00 |
10000 m |
Veterano/a 4 |
Nados/as a partir do ano 1958 |
10:00 |
10000 m |
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 13:00 HORAS |