subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actividades Deportivas e Horarios 2021-2022.


Dende a Concellaría de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Turismo e Comunicación, puxéronse en marcha distintas actividades tanto para nenos como para adultos ó longo de todo o ano.
Para levar a cabo estas actividades o concello conta con persoal altamente preparado e coas instalacións necesarias. Ademáis o concello contará con empresas de servizos deportivos para unha mellor xestión de tódalas actividades.
Todas as actividades seguirán os protocolos COVID-19 establecidos.



Actividades clubs

  • Hípica
  • Patinaxe
  • Taekwondo
  • Ximnasia Rítmica
  • Golf
  • Fútbol sala
  • Baloncesto
  • Ciclismo
  • Béisbol
  • Hockey Patíns
  • Tenis
  • Fútbol
  • Xadréz
  • Atletismo
  • Tenis de mesa


Actividades deportivas municipais adultos

  • Aerobic Jumping
  • Pilates
  • Zumba
  • Zumba Kids
  • Ximnasia mantemento



Normativa actividades deportivas

  1. Cubrir unha folla de inscrición para cada actividade que se solicite praza. Terán que ter entrada por rexistro do Concello.
  2. Terán preferencia os empadroados e os participantes do ultimo curso paralizado pola pandemia. En caso de ser necesario as prazas adxudicaranse por sorteo.
  3. Para que os cursos se leven a cabo ten que haber un mínimo de participantes inscritos, en caso contrario, os cursos non se realizarán.
  4. Os pagos realizaranse a través da web do Concello tan pronto se confirmen as prazas e se inicie a actividade.
  5. O alumno ou titor declara que o participante non padece ningunha doenza que lle impida practicar na actividade elixidae.


Prazo de inscrición

Ata o 24 de setembro de 2021.


Horario oficina municipal de deportes

LUNS A VENRES DE 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 23:00 horas
SÁBADOS DE 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Tfno.: 981927901 – 616408598
Fax: 981 691152
deportes@oroso.gal