subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Torneo Amigable Fútbol Sala.


Información e normas polas que se rexerá o Torneo Amigable Fútbol Sala

  1. O torneo celebrarase o día 24 de abril de 2015 en horario de 16:30 a 20:30 e estará dividido en dúas categorías:
    Categoría 1: Mozos de 12 a 14 anos
    Categoría 2: Mozos de 15 a 22 anos
  2. Para inscribirse no campeonato e necesario que un representante- delegado de cada equipo pase pola aula da xuventude para recoller o impreso de incrición onde terá que poñer os datos dos xogadores que forman o equipo e entregalo de novo na aula da xuventude.
  3. Os partidos terán unha duración de 24 minutos divididos en duas partes de 12 minutos, con 2 minutos de descanso entre parte e parte.
  4. As regras que rixen o xogo serán as mesmas que as da modalidade fútbol sala exceptuando a duración dos encontros.
  5. Haberá unha persoa que exerza o papel de árbitro. É de obrigado cumprimento aceptar a decisións que tome o árbitro.
  6. Calquera conducta antideportiva, violenta ou de falta de respeto cara os compañeiros ou o árbitro poderá ser sancionada do xeito que o arbitro considere axeitado, ata o punto de poder se expulsado da competición.
  7. Os gañadores de cada categoría serán obsequiados cunha cea para todo o equipo no Restaurante Mirás, xa que este encontro é patrocinado por este Restaurante.
  8. O Concello non se responsabiliza dos danos ocasionados en lesións propias que se ocasionen durante o partido entre os xogadores.
  9. Non se levará a cabo o torneo se non se xunta un mínimo de 4 equipos por categoría. O máximo será de 10 equipos entre as dúas categorías, por unha cuestión de tempo.
  10. En caso de inclemencias metereolóxicas (xa que o torneo realizarase en exterior) será a propia organización a que decida si se suspende o torneo ou non, en caso de que se cancele, os equipos serán informados da nova data na que se celebraría.
  11. Preferencia aos equipos nos que os xogadores esten empadroados no Concello de Oroso.