subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de disfraces Oroso 2022


Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2022 son:

PRIMEIRA: Obxecto
De conformidade co previsto na lei 38/2003 de subvencións, constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do concurso de disfraces do Entroido que se celebrará o sábado 26 de febreiro de 2022.

SEGUNDA: Crédito orzamentario
Os premios previstos para cada concurso regulado nestas bases imputaranse contra a partida orzamentaria prevista no 338.489.00 do orzamento municipal por importe de 3.170,00 euros.

TERCEIRA: Obxecto
Poderán ser beneficiarios dos premios previstos nestas bases todas as persoas, así como as agrupacións de persoas físicas constituídas para a consecución dos fins sinalados como obxecto de premio, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Non estar incursas en ningún dos casos previstos no artigo 13.2 da lei xeral de subvencións.
b) Non ter co concello débedas ou sancións tributarias en período executivo, salvo que se trate de débedas ou sancións tributarias que se atopen aprazadas, fraccionadas o cuxa execución estivese suspendida.
c) Non ter pendente de xustificar subvención concedida polo concello.
Aquelas persoas menores de idade ou que non teñan plena capacidade de obrar que desexen participar deberán facelo sempre coa preceptiva autorización do titular da patria potestade ou tutela, segundo modelo anexo a estas bases.

CUARTA: Réxime de concesión dos premios
Os premios outorgaranse a instancia do solicitante con cargo ao orzamento da Corporación mediante procedemento de concorrencia competitiva. O seu outorgamento será motivado e os seus importes non poderán ser revisados nin ampliados.

O importe dos premios a conceder non superará o orzado no Orzamento Xeral da Corporación para cada exercicio orzamentario.

Concederanse os seguintes premios:
CATEGORÍA XERAL (MAIORES DE 16 ANOS)
MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes
) • Gañador: 500 euros
• Finalista: 300 euros
MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
• Gañador: 350 euros
• Finalista: 220 euros
MODALIDADE INDIVIDUAL.
• Gañador: 250 euros
• Finalista: 180 euros

CATEGORÍA INFANTIL (ATA 16 ANOS)
MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
• Gañador: 350 euros
• Finalista: 200 euros
MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
• Gañador: 220 euros
• Finalista: 150 euros
MODALIDADE INDIVIDUAL
• Gañador: 180 euros
• Finalista: 120 euros
• PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO: 150€

As candidaturas valoraranse segundo a orixinalidade, laboriosidade e deseño do disfrace así como a simpatía ou a posta en escena de cada participante, podendo declararse deserto calquera premio lla xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

QUINTA: Publicidade e prazo de presentación solicitudes
Unha vez aprobadas as presentes bases e convocatoria por resolución da Alcaldía-Presidencia, serán obxecto de publicación íntegra no «Boletín Oficial» da provincia da Coruña, publicándose extracto da convocatoria no «Boletín Oficial» da provincia da Coruña por conduto da Base Nacional de Datos de Subvencións, o cal conterá como mínimo:

1º) Obxecto.
2º) Beneficiarios.
3º) Data da publicación das bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia.
4º) Prazo de presentación de solicitudes.
5º) Identidade do Xurado.

O prazo para a presentación de solicitudes finalizará dous días naturais antes da data de celebración do concurso.

Para aclaracións ou asesoramento en canto as solicitudes para o concurso poden poñerse en contacto co departamento de cultura no 981 690 903 para aclarar as dúbidas sempre dentro do prazo establecido.

SEXTA: Documentación
A documentación que se deberá acompañar é a seguinte:

- Solicitude, segundo modelo que se acompaña no anexo I, asinada polos interesados, ou por quen teña conferida a representación no que se inclúe declaración responsable de atoparse ao corrente dos seus deberes fiscais con este Concello, e a facenda pública e estatal, así como a seguridade social e de que o( s) solicitante( s) non se atopa( n) en ningún dos casos de prohibición para obter subvencións establecidas no artigo 13 da lei xeral de subvencións.

Na solicitude de participación deberá indicarse no apartado de documentación adicional:
1. Preséntase música en formato MP3.
2. Indicar desfílase con carroza e as súas dimensións.

SETIMAA: Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes e no seu caso documentación adicional deberanse entregar:
1º) No Rexistro Municipal do concello, en horario de 8:30 a 12:00 horas os días laborables.
2º) Nas oficinas de correos nos termos previstos no RD 1829/1999 no seu artigo 31.
3º) Na Sede electrónica Municipal ( https://sede.oroso.gal/).

OITAVA: Procedemento de concesión
O procedemento a seguir será o regulado no Capítulo II do Título I da lei 38/2003 de subvencións mediante un procedemento de concorrencia competitiva, coas seguintes especialidades:

a) O órgano de instrución sinalado na lei será a Concellería delegada de Cultura.

b) O órgano colexiado encargado de avaliar aos concursantes atendendo aos criterios previstos, estará formada por un xurado imparcial cuxa composición é a seguinte:
1) Presidente: Concejal delegada de Cultura
2) Auxiliar técnico de biblioteca e cultura do concello de Oroso
3) Un/unha representante dunha asociación do concello de Oroso
4) Un/unha representante dunha asociación do concello de Oroso
5) Secretario/a: Persoal do concello de Oroso ou Mancomunidade de Ordes. Suplentes do resto dos membros do xurado serán designados polo Alcalde-Presidente no caso de que fose necesario.

c) O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 15 a 18 da Lei 40/2015, do 1 de outubro , do Réxime Xurídico do Sector Público. Os membros do xurado deberán coidar de respectar as causas de abstención previstas no artigo 23.2 da lei 39/2015, comunicando por escrito á Alcaldía-Presidencia de maneira inmediato unha vez teñan coñecemento da existencia de calquera causa en que incorresen. Do mesmo xeito os membros do xurado poderán ser obxecto de recusación polos concursantes en calquera momento do procedemento por incorrer en causa de abstención. Na acta redactado de avaliación de candidaturas deberá recollerse como mínimo:
a. Baremación de todos os concursantes mediante o sistema previsto, por orde de maior a menor puntuación e por categoría.
b. Proposta dos premiados por categoría.

d) Unha vez recibida a proposta do xurado, o órgano instrutor procederá a:
a. Solicitar os correspondentes informes dos servizos municipais da:

i. Non concorrencia dos premiados nalgunha das circunstancias previstas na base terceira para obter subvencións e que foron obxecto de declaración responsable, me-diante a petición dos certificados telemáticos á Axencia Tributaria e Seguridade Social, así como a consulta na Base de datos Nacional de Subvencións e contabilidade municipal.
b. Requirir aos premiados para que no prazo de dez días hábiles acheguen a seguinte documentación:
i. Acreditación da identidade e no seu caso representación legal dos premiados:
• As persoas físicas mediante a achega do DNI.
• Os titores ou titulares da patria potestade dos premiados minores de idade ou incapacitados, mediante a achega do libro de familia, sentenza xudicial ou título suficiente que acredite a representación.
• No suposto de ser unha asociación ou entidade con personalidade xurídica, acreditación de poder ou nomeamento para actuar en nome e representación da entidade.
ii. Achega dun certificado de número de conta da entidade bancaria cuxo titular será o premiado ou o seu representante legal.

e) O órgano instrutor á vista do expediente e do informe do xurado, formulará a proposta definitiva de resolución de concesión dos premios en favor daqueles premiados que acreditasen o cubro das bases e achegasen a documentación requirida, ou na súa falta, aos concursantes coa seguinte maior puntuación segundo a baremación feita polo xurado que cumprisen co disposto nesta base.

f) A Alcaldía-Presidencia será o órgano competente para unha vez vista a proposta de resolución e a fiscalización da intervención municipal, resolver mediante acordo motivado.

A notificación dos actos de tramitación e resolución de concesión dos premios será publicada aos interesado no taboleiro de anuncios dixital do concello, medio exclusivo de notificación de conformidade co disposto no artigo 45.1 b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

NOVENA: Pago dos premios
O pago de premios en metálico concedidos farase efectivo mediante transferencia bancaria ao número de conta indicado polos premiados. No momento do pago practicarase as oportunas retencións segundo a normativa tributaria vixente.

No suposto de premios compartidos por unha pluralidade de persoas, o pago se prorrateara a partes iguais entre todos os premiados que cumprisen o disposto nestas bases e achegasen a documentación requirida. Cando se trate de premios en especie que non sexan divisibles, o premio entregarase a un dos premiados previo acordo do resto.

DECIMA: Dereitos de propiedad intelectual e datos de carácter persoal
A participación no concurso previsto nestas bases implica polos participantes a aceptación incondicionada das seguintes cláusulas:
1º) A cesión en modalidade non exclusiva ao concello de Oroso de maneira gratuíta dos seguintes dereitos de explotación:
a) Reprodución
b) Distribución
c) Comunicación pública
d) Publicación.

2º) A autorización ao concello para a publicación na páxina web, redes sociais e publicacións da súa titularidade do nome e apelidos dos concursantes e premiados, así como fotografías e vídeos dos mesmos nos actos de entrega de premios ou na participación nas actividades culturais, deportivas, lúdicas etc. obxecto do concurso.

3º) A publicación dos datos persoais dos premiados e importe dos mesmos na Base de datos Nacional de Subvencións de conformidade coa lexislación vixente.

UNDÉCIMA: Inspección e control
O concello poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades premiadas e terá acceso a toda a documentación xustificativa das mesmas, en particular a información de estar ao corrente dos deberes tributarios e coa Seguridade Social e de non estar incurso en causa que impida a obtención de subvencións públicas, así como a requirir aos premiados nos termos que precise todo o es de conformidade co disposto no Título III da lei 38/2003.

DUODÉCIMA: Infraccións e sancións
O réxime de infraccións e sancións será o establecido no Título IV da lei 38/2003.

O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación do premio para actividades ou conceptos no estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento do deber de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias con cargo a créditos doutras Administracións Públicas, constituirán causa determinante para a revogación do premio concedido, coa seguinte devolución dos créditos obtidos.

Igualmente, o falseamiento ou ocultación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, así como a aplicación da prestación a fins distintos dos previstos, dará lugar á cancelación do premio e o deber do reintegro das cantidades recibidas.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza no previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

DÉCIMO TERCEIRA: Compromisos
As persoas que resulten beneficiarias dos premios comprométense a:

- Comunicar ao Concello por escrito, cando cumpra, a obtención de premios, subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente pública.
- Comunicar ao concello, por escrito, as modificacións da situación, condición ou circunstancias que motiva- ron a concesión.
- Autorizar ao Concello a obter por medios telemáticos os certificados correspondentes de atoparse ao corrente de deberes tributarios, coa seguridade social e de non estar incurso en causa que impida a obtención de subvencións públicas.
-Deberes adicionais:
A hora prevista de saída dos pasacalles será ás 17:30 h (punto de partida pavillón de deportes, o percorrido será circular) sempre que o tempo permítao, a continuación os participantes desfilarán ou actuarán dependendo de cada quen diante do xurado no interior do pavillón de deportes para proceder a súa valoración, ou no lugar asinado pola organización segundo as medidas ou protocolos COVID nese momento.
A música para as actuacións é preciso presentala no momento da inscrición en formato MP3 se é posible e por mail a: cultura@oroso.gal ou memoria USB (non se recollerá música fora do prazo de inscrición nin tampouco o propio día do concurso).
A recollida do dorsal realizarase o día do concurso no pavillón de deportes de 16 a 17 h, será obrigatorio recoller o dorsal nese horario para poder participar no concurso. As actuacións ou postas en escena diante do xurado terán un máximo de duración de 3 minutos, a partir dese tempo poderán ser descualificadas.
É obrigatorio participar no desfile polas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine suspéndese ou non o desfile por causas alleas, como poden ser as condicións meteorolóxicas.