subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa de Educación Viaria.


Educación Viaria - Curso 2014/2015.

Este curso, como os cursos pasados, neste Concello vaise realizar na gardería municipal un programa de educación viaria que ten como obxectivo proporcionar os nenos de dous a tres anos de idade as pautas básicas e coñecementos necesarios para que poidan incorporar a súas acciones, campañas e proxectos educativos nocións e/ou actividades de seguridade viaria adaptados a súa idade.

Este ano vaise poñer en funcionamento de novo este programa. No mes de maio estarase a traballar as fichas e o circuíto de educación viaria e o día 19 de maio de 2015 as 10.30 vaise a realizar a sesión final cun circuíto e a obtención do carne de conducción. Esta última sesión será impartida por María José Mosquera Rodríguez, educadora familiar e as anteriores por os profesores da gardería que están a cargo destes alumnos. Na última sesión os pequenos e pequenas da gardería poderán realizar un circuíto para que vexan cales son os principais perigos do tráfico viario. Ademais desta parte práctica o programa contempla a realización de fichas sobre temas relacionados co tema: diferenciar sinais de tráfico, pasos de peóns, semáforos, cinto de seguridade.

Os obxetivo do curso son:

  • Adoptar condutas, actitudes e hábitos relacionados no fomento da saúde, como tomar medidas de seguridade ante o tráfico.
  • Identificar zonas seguras para peóns.
  • Observar diferentes condutas, actitudes e hábitos, e a partir de elles, crear criterios de actuación correctos en educación viaria.
  • Descubrir os elementos fundamentais do tráfico: calle, aceras, calzadas, vehículos, peóns…
  • Coñecer diferentes formas de viaxar e a partir de isto, a importancia que ten o tráfico.
  • Adoptar actitudes, condutas e hábitos de educación viaria, como saber cruzar correctamente algúns tipos de calles.
  • Comportarse adecuadamente como pasaxeiro de vehículo privado y público.

Os contidos do curso son:

  • Fins fundamentais do tráfico.
  • Diferenciación dos sinais de tráfico.
  • Os pasos de cebra.
  • Os semáforos
  • O uso correcto do cinto de seguridade.
  • Distinguir por onde se debe saír do coche para evitar o perigo.
  • A avaliación dos programas de educación viaria..

MARÍA JOSÉ MOSQUERA RODRÍGUEZ
EDUCADORA FAMILIAR