subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso instala dous corazóns solidarios para a recollida de tapóns de plástico destinados a causas de carácter social e humanitario


orosoO Concello de Oroso instalou dous corazóns solidarios para a recollida de tapóns de plástico nas rúas do municipio.

En concreto, están ubicados nas prazas Isaac Diaz Pardo e Alexandre Bóveda. Os tapóns se reciclarán co obxectivo de recadar fondos para diversas causas de carácter social e humanitario.

É necesario introducir directamente os tapóns, sen depositar bolsas nin outros residuos. A iniciativa fomenta os fins solidarios, pero tamén a reciclaxe de plástico e o coidado medioambiental.

“Animamos aos veciños e veciñas de Oroso a reciclar os tapóns nestes corazóns, que despois irán destinados a asociacións ou colectivos que os necesiten para sufragar os gastos dun tratamento médico ou outro tipo de proxecto social”, explica Luis Rey, alcalde de Oroso.

O concello impulsa durante o ano numerosas iniciativas sociais, como as andainas solidarias, para fomentar os comportamentos cívicos entre os veciños de Oroso, sobre todo os nenos e nenas.