subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do remate dos traballos de renovación do aglomerado nos lugares de Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e a Costa (Trasmonte)


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de renovación do aglomerado nos lugares de de Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa (Trasmonte).

“Con esta actuación, damos resposta ás demandas veciñais e melloramos a seguridade viaria nestes camiños, tanto dos vehículos como dos peóns”, explica o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde

Ademais das tarefas de aglomerado en varias parroquias, o concello realizou no verán traballos de rebacheo en pistas do rural, cun orzamento de 60.000 euros.

A aposta polas parroquias e o rural continuará nas próximas semanas, nas que o grupo de goberno acometerá un conxunto de obras cun investimento global dun millón de euros.