subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Campaña de sensibilización e concienciación cidadá para manter limpo e sostible o Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso puxo en marcha unha campaña de sensibilización e concienciación ambiental, co obxectivo de trasladar aos veciños e veciñas a importancia de manter limpos e sostibles os espazos públicos.

Con carteis que colocará por todo o casco urbano e as parroquias, o Concello de Oroso fai un chamamento a tirar os residuos nos colectores correctos, recoller os excrementos das mascotas ou non tirar as cabichas no chan.

Neste último caso, por exemplo, ademais de poñer en risco a saúde da poboación sensible como nenas, nenos e maiores, o filtro dos cigarrillos é un residuo moi contaminante. Están compostos maioritariamente por acetato de celulosa e non son biodegradables, o que contribúe a danar o patrimonio natural de Oroso.

Por outra parte, cunha correcta reciclaxe dos residuos, redúcese tamén a factura que cada ano o concello debe aboar a Sogama, co que ese aforro pódese destinar a outros investimentos.

O obxectivo do Concello de Oroso con este tipo de accións pasa por humanizar o municipio, animando aos veciños e veciñas a acadar entre todos un espazo público limpo, accesible e ao gusto de todos.