subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inicia a campaña solidaria cos afectados polo volcán de La Palma cunha recollida de material e doazóns económicas


orosoO Concello de Oroso iniciou hoxe a recollida solidaria de material entre a veciñanza para destinalo ás persoas afectadas polas consecuencias da erupción do volcán de La Palma.

Ademais, ante as numerosas chamadas e mensaxes recibidas nas últimas horas, o concello xa habilitou coa oficina de La Caixa en Oroso o procedemento para proceder ás doazóns económicas.

O concello insta por un lado á veciñanza a colaborar nesta campaña solidaria doando roupa, calzado, alimentos non perecedeiros, mantas, máscaras, pañais, produtos de hixiene persoal ou calquera outro produto de primeira necesidade que poida ser necesario para contribuír a paliar, na medida do posible, as consecuencias que erupción do volcán Cumbre Vieja está a ocasionar a decenas de familias da illa, que ven en risco o seu fogar e os seu medio de vida.

O material pode ser entregado na Casa do Concello de Oroso, que disporá os envíos á cidadanía afectada da illa canaria coa colaboración de Correos, que xa está a desenvolver unha importante campaña soldiaria nas súas máis de 100 oficinas nas illas Canarias.

Por outra parte, as veciñas e veciños de Oroso que desexen colaborar cunha aportación económica poderán facelo cunha transferencia co concepto ‘Donación volcán’ ao número de conta ‘ES 47 2100 9169 0122 0017 9456’ (La Caixa) ou através do Bizum (Código 03747).

“Unha vez máis, quero dar as grazas aos veciños e veciñas, que responden de forma maioritaria ante as iniciativas solidarias que poñemos en marcha desde o concello; todos estamos preocupados polas novas que chegan de La Palma e queremos contribuír á axudas aos afectados”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde