subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello adopta medidas para racionalizar o consumo de auga trala prealerta de Augas de Galicia


Cortarase o subministro de agua nas tres fontes conectadas á rede e reducirase o máximo posible o rego das zonas verdes, incluso chegando a cortalo completamente nalgúns casos

O alcalde, Luis Rey, apela á “responsabilidade da veciñanza para realizar un consumo responsable” e anima a seguir as recomendacións de Viaqua

orosoO goberno local de Oroso acaba de adoptar medidas orientadas a racionalizar o consumo de agua despois de que Augas de Galicia ampliara a finais da semana pasada a prealerta por seca prolongada para a zona do río Tambre, debido á “importante redución das aportacións hídricas” no último mes na estación de aforos situada neste cauce.

Polo momento, as primeiras decisións consisten en cortar o subministro de agua nas tres fontes conectadas á rede pública municipal e en reducir o máximo posible o rego das zonas verdes, incluso chegando a cortalo nalgúns casos. Ademais, de acordo co Plan Especial de Seca da Xunta, o goberno local remitiralle periodicamente a Augas de Galicia datos do caudal captado e do caudal subministrado aos usuarios.

Por outra banda, o alcalde informou que a finais da presente semana está convocada unha reunión telemática con Augas de Galicia para avaliar a situación e abordar posibles medidas adicionais que serían necesarias de continuar a situación de seca. Luis Rey tamén apelou á “concienciación e responsabilidade da veciñanza para realizar un consumo responsable no ámbito privado”, seguindo os consellos e recomendacións da empresa Viaqua que foron divulgados esta mesma mañá a través das redes sociais do concello.