subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso licita en 327.000 euros o novo carril bici entre Sigüeiro e A Estación


As empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o día 12 de xaneiro e o prazo de execución das obras será dun máximo de seis meses

“Esta vía ciclista axudará a poñer aínda máis en valor a Vía Verde como atractivo turístico e como espazo de lecer e de prácticas deportivas e hábitos saudables”, destaca Luis Rey

orosoO goberno local de Oroso acaba de sacar a licitación as obras de construción do novo carril bici entre Sigüeiro e o lugar da Estación, que suporán un investimento de 327.491 euros e disporán dun prazo máximo de execución de seis meses. As empresas interesadas en executar as obras poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 12 de xaneiro.

O trazado deste novo carril bici terá unha lonxitude de 2,76 kilómetros e unirá a avenida de Compostela coa Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle. “Esta vía ciclista axudará a poñer aínda máis en valor a Vía Verde como atractivo turístico e como espazo de lecer e de prácticas deportivas e hábitos saudables”, destacou o alcalde, Luis Rey.

A vía ciclista constará dun ancho de 1,80 metros e disporase de tres formas distintas segundo o treito correspondente: no primeiro tramo, de 320 metros de lonxitude e que comprende desde a avenida de Compostela ata o inicio da rúa Ulloa, a vía ciclista executarase ao nivel da beirarrúa e o tráfico peonil e ciclista irá segregado; no segundo treito, de 1.775 metros e que abarca desde o paso peonil do comezo da rúa Ulloa ata o núcleo da Estación de Oroso, o carril bici executarase ao nivel da calzada pola marxe esquerda e o tráfico ciclista irá segregado dos outros tráficos; por último, no terceiro tramo, de 670 metros de lonxitude e que comprende desde o núcleo da Estación ata o trazado da Vía Verde, o carril bici compartirá espazo co resto do tráfico rodado, sinalizándose convenientemente a zona co obxectivo de mellorar a seguridade vial.

carril bici