subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Competencias Dixitais Básicas


orosoCon esta formación poderás adquirir as competencias dixitais básicas que te permitan aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos.

Obxectivo xeral:

Adquirir as competencias dixitais básicas que permitan “aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais” de acordo con Recomendación 2006/962/CE do Parlamento Europeo e do Consello sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente.

Destinatarias:

Mulleres que desexen adquirir as competencias dixitais que permitan “aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais”

Duración:

40 horas

Contidos teórico-prácticos

Módulo 1: Uso básico do sistema operativo
Diferentes versións e sistemas operativos dispoñibles.
Inicio, apagado e hibernación.
Programas básicos (navegador, explorador de arquivos, visor de imaxes,...).
Xestión de arquivos e cartafoles.

Módulo 2: Tratamento da información
Navegación e uso de diferentes navegadores, utilización de pestanas, historial e favoritos configuración básica da páxina de inicio, buscador preferido e borrado de caché.
Procura de información: os buscadores.
Almacenamento e recuperación de contido dixital.

Módulo 3: Comunicación
Correo electrónico: webmails.
Videoconferencias básicas (Skype, Hangouts,...)

Módulo 4: Seguridade.
Formas básicas de uso de medios informáticos para garantir a seguridade. (tanto do computador como do dispositivo móbil).
Rutinas para unha navegación segura.

Módulo 5: Resolución de problemas.
Mantemento do sistema operativo (escaneo de discos, actualizacións, defragmentación).


Máis información do curso en https://mullerdixital.gal

Solicitude de matrícula na Aula CeMIT Educaoroso