subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Trinta veciñas de Oroso participan nun obradoiro gratuíto de autodefensa.


orosoTrinta veciñas de Oroso participan dende o xoves nun obradoiro gratuíto de autodefensa para mulleres, organizado polo Concello de Oroso dentro do seu programa de actividades co gallo da conmemoración do 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un curso que terá lugar todos os mércores do mes de novembro no complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro, en horario de 10:00 a 11:30 horas.

Durante esa hora e media, estas trinta veciñas de Oroso comezaron coa aprendizaxe de técnicas de artes marciais para poder defenderse ante calquera perigo ou ameaza. Baixo o lema “Cambia a túa actitude”, este obradoiro dá continuidade ao curso de autoprotección para mulleres organizado polo Concello de Oroso o ano pasado.

Actividades 25-N

Co obradoiro de hoxe, a Concellería da Muller quere facer de novembro o mes contra a violencia de xénero, para o cal ten programadas varias actividades. Así, o próximo 16 de novembro o IES Oroso acollerá a representación da obra de teatro “Pementeiras, unha historia de empoderamento feminino”. E para os nenos e nenas, o 25 de novembro, ás 18:30 horas, haberá un contacontos especial no centro cultural: “Contos vellos, novos finais”.