subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O centro cultural de Sigüeiro acollerá o luns 9 de maio a primeira reunión do Grupo de Apoio á Lactancia Materna Sigüeiro-Oroso.


orosoO Concello de Oroso colaborará na posta en marcha do Grupo de Apoio á Lactancia Materna Sigüeiro-Oroso, que pretenden organizar un grupo de veciños e veciñas asesorados por persoas cualificadas no coidado de menores. Unha iniciativa totalmente gratuíta que pretende ofrecerlles infomacións, charlas e apoio ás familias do municipio que o desexen.

A primeira reunión do grupo está convocada para este luns 9 de maio, ás 18:00 horas, no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. A segunda está programada para o 6 de xuño, á mesma hora. O obxectivo deste Grupo de Apoio á Lactancia Materna é servir de punto de información, apoio e contacto entre familias que se atopan na mesma situación de cara a conseguir unha lactancia exitosa.