subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso clausura este venres os seus cursos de natación cunha festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro.


orosoO Concello de Oroso celebrará este venres 29 de xullo a clausura dos seus cursos de natación cunha gran festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro. Uns cursos nos que tomaron parte un total de 156 persoas (140 nenos e 16 adultos), o que supón un significativo incremento da participación con respecto a anos anteriores. Un aumento que tamén se está a ver reflectido na afluencia á piscina municipal, que nos seus primeiros 45 días activa xa vendeu máis de 3.000 entradas e conta con 452 socios.

A festa estará aberta a toda a veciñanza e dará comezo ás 16:30 horas, con actividades de animación e inchables acuáticos. O acceso será libre e de balde. A iso das 18:30 horas, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a concelleira de Muller, Sanidade, Piscina Municipal e Parroquias, María del Carmen Liste, farán entrega dos diplomas dos cursos de natación 2016, celebrados durante este mes de xullo, así como dunhas lambonadas de agasallo. A festa rematará a iso das 19:00 horas.