subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso forma parte dun obradoiro de emprego de carpintería e albanelaría para menores de 30 anos


orosoO Concello de Oroso formará parte dun novo obradoiro de emprego organizado pola Mancomunidade de Ordes para menores de 30 anos.

O obradoiro dará durante un ano formación teórica e práctica sobre dúas especialidades diferentes: albanelaría e traballos de carpintería e mobles. En concreto, a formación en carpintería e mobles impartirase no Concello de Oroso. O reparto de prazas será proporcional en función da poboación dos municipios participantes.

As persoas interesadas en formar parte deste programa deben estar inscritas no sistema de garantía xuvenil e ter solicitados os obradoiros de emprego. Terán un contrato de formación e aprendizaxe de doce meses de duración.

“Este tipo de obradoiros son moi importantes para a xente nova, xa que obteñen unha formación cualificada que incrementa a súa empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral”, asegura Beatriz Rodeiro, concelleira de Xuventude de Oroso.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co servizo de emprego da Mancomunidade de Ordes (981 680679).