subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Visita de Luis Rey, alcalde de Oroso, e as concelleiras Beatriz Rodeiro e Isabel Fernández ao Obradoiro de Emprego de Carpintería que se imparte no Concello


orosoO alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, xunto ás concelleiras de Xuventude, Beatriz Rodeiro, e Ensino, Isabel Fernandez, estiveron esta mañá de visita no obradoiro de emprego organizado pola Mancomunidade de Ordes no que participan cinco veciños do concello.

“Con este tipo de obradoiros melloramos a empregabilidade dos participantes, que obteñen a cualificación necesaria para optar a postos de traballo; aínda que os concellos non temos competencias directas en materia de emprego, temos que facer todo o posible para axudar á nosa veciñanza”, afirma Luis Rey Villaverde.

O obradoiro imparte durante un ano formación teórica e práctica sobre dúas especialidades diferentes: albanelaría e traballos de carpintería e mobles.

En concreto, a formación que se imparte no Concello de Oroso é a de carpintería e mobles. O reparto de prazas foi proporcional en función da poboación dos municipios participantes.

“É unha iniciativa mportante para a xente nova, xa que obteñen unha formación que incrementa as súas posibilidades de inserción laboral”, engade Beatriz Rodeiro.