Oroso xa ten listo o seu programa do Entroido 2020 con actividades para todas as idades e o tradicional desfile de comparsas e disfraces
O concello repartirá máis de 3.000 euros en premios ás mellores comparsas
Os veciños de Oroso poderán disfrutar tamén de concertos e obradoiros de cociña
O Concello de Oroso xa fixo pública a súa programación do Entroido 2020, con numerosas actividades para todas as idades e o prato forte do tradicional concurso de disfraces.
O sábado 22 de febreiro pola tarde, as comparsas participantes sairán do pavillón de deportes e farán un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concello repartirá máis de 3.000 euros en premios para as mellores comparsas e disfraces en categoría Adultos e Infantil. Haberá ata a noite actividades de animación, inchables, premios, música e moita diversión.
Á marxe desta actividade, Oroso celebrará unha nova edición do concurso de receitas ‘En galego sabe mellor’, dirixido a maiores de 16 anos, e dous obradoiros de repostería e arte floral.
A concelleira de Cultura, Vanesa Boo, destaca “a variedade de actividades, para que todos os veciños e veciñas poidan participar nelas; o desfile do sábado ten cada vez máis nivel e esperamos como sempre moita xente esa tarde polas rúas e o pavillón”.
A programación do Entroido inclúe tamén un concurso de máscaras, no que tamén haberá premios para os mellores; o Festival do CRA, un concerto da Escola de Música, e actividades de animación para os máis pequenos.
O luns 24 de febreiro chegará a quenda da festa de disfraces, cun discomóbil para nenos e nenas con dj, mascota e obradoiro de maquillaxe. Os asistentes poden colaborar levando filloas, orellas e outros productos típicos de Entroido.
Todos os interesados en obter máis información sobre cada unha das actividades organizadas polo Concello de Oroso e os requisitos para participar, poden facelo no centro cultural, no teléfono 981690903 e nesta páxina web.