subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso celebra este mes de agosto a súa tradicional Semana Cultural 2020, con actividades para todas as idades


orosoO Concello de Oroso, a través da súa Concellaría de Cultura, organiza este verán de novo a Semana Cultural 2020, con actos para todas as idades desde o 25 de agosto ao 4 de setembro.

O programa comeza o 25 de agosto coa tradicional excursión ao aquapark de Cerceda e o día seguinte, Martín Camiña levará o seu spectáculo de maxia ao exterior da piscina.

Despois, durante unha semana haberá actuacións musicais, maxia, circo, teatro, inchables para os máis pequenos, obradoiros e monicreques.

“Unha cita xa consolidada coa cultura durante o mes de agosto en Oroso, con moita programación para toda a familia; cremos que a Semana Cultural será de novo un éxito pola calidade dos espectáculos que veremos”, asegura Vanesa Boo, concelleira de Cultura, que garante “todos os protocolos de seguridade e saúde derivados do coronavirus”.

A programación rematará o 4 de setembro coa inauguración da mostra GóisOrosoArte.