Aviso da Escola de Música Municipal
O Concello de Oroso anuncia que, debido á situación sanitaria e ás novas restricións da Xunta de Galicia, as clases na Escola de Música Municipal pasan a ser online.
Esta tarde xa non hai clases presenciais. A dirección da escola poñerase en contacto cos alumnos e alumnas para darlle as instrucións necesarias.