Apertura do Local de Maiores de Oroso
O Concello de Oroso anuncia aos seus veciños e veciñas que o próximo luns, 4 de outubro, abre de novo o Local de Maiores.
O local abrirá de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas, recuperando a súa actividade despois do parón obrigado pola pandemia.
Para protexer a saúde de tod@s, haberá unha persoa de Protección Civil controlando o acceso e as medidas de seguridade, así como os protocolos COVID-19.