subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Andaina solidaria en Oroso este domingo para recaudar fondos contra o cancro de médula


orosoO Concello de Oroso organiza unha andaina solidaria xunto coa asociación Asotrame e o Club Hockey Oroso co fin de recaudar fondos para loitar contra o cancro de médula. Será este domingo 11 de xullo ás dez da mañá, cun percorrido de 5 quilómetros que sairá da praza do Concello de Oroso.

Asotrame colabora co proxecto Adianthe, do servizo de Hematoloxía do CHUS, que pretende conseguir mediante unha aplicación de Intelixencia Artificial tratamentos máis personalizados e que consigan maiores beneficios para os doentes.

Para anotarse, só tedes que entrar na web de Carreiras Galegas, onde se pode coller un dorsal 0 e inscribirse cunha cuota de tres euros ou facer un donativo.

“Para nós, como Concello de Oroso, é unha honra e tamén unha responsabilidade participar en iniciativas solidarias deste tipo, polo que animamos á veciñanza a facelo tamén”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes do Concello de Oroso.

Haberá sorteos de vales de compra da asociación de comerciantes, ademais de sorteos de camisetas e balóns cedidos polo Celta, o Lugo, o Compostela, o Obradoiro... tamén regalos para os participantes por parte do Concello de Oroso e moitas máis sorpresas!!!

Asotrame conta tamén cun Bizum para facer donativos co código: 03351. Podes inscribirte na andaina aquí: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/i-andaina-solidaria-oroso-asotrame/880b4e9b-f259-652b-3f6f-39fd4057bd2a