O Concello de Oroso inaugura este sábado o novo circuíto municipal de bicicross de Porto Avieira
O Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas da inauguración, este sábado día 15 de xaneiro, do novo circuito municipal de bicicross en Porto Avieira.
Será ás 12:00 horas cun acto que incluirá unha exhibición á que están invitados os nenos e nenas de Oroso e as súas familias. Ademais, poderán probar o circuito.
O circuito ten unha lonxitude de máis de 800 metros e un ancho variable de entre 2,40 e seis metros. Para a súa construción, utilizouse zahorra e outros materiais adecuados ao entorno natural.
A instalación foi unha petición do Oroso Club Ciclista ao concello. “Considerámolo unha boa iniciativa para fomentar os hábitos de vida saudables e o deporte entre os nenos e nenas”, explica Antonio Leira, concelleiro de Deportes.