subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información práctica ITV vehículos agrícolas


orosoO Concello de Oroso púxose en contacto coa empresa encargada de realizar as ITV aos vehículos agrícolas, co obxectivo de dar resposta ás dúbidas e preguntas que nos chegaron dalgúns veciños e veciñas nas últimas semanas.

Este ano, pola situación de pandemia que estamos a vivir, o percorrido da ITV móbil leva certo retraso, pero xa están confirmadas as datas que estará en Oroso:

-Día 7 de Xaneiro (9:00 a 13:30 horas y de 15:15 a 18:00 h)
-Día 8 de Xaneiro (9:00 a 13:30 horas)

A ITV estará no aparcadoiro do polígono industrial e para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa.