subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

XXIV Festa da Troita.


Luis Rey Estimados veciños e veciñas:
Coa seguridade de que permanecerá durante moito tempo na lembranza de todos os nosos veciños e veciñas, Oroso celebrará do 6 ao 8 de maio a XXIV Festa da Troita, unha edición moi esperada despois de dous anos de pandemia de coronavirus.

Neste 2022 recuperamos a programación habitual, que xira arredor do manxar dos nosos ríos e inclúe as mellores orquestras, campionatos de pesca Infantil e Senior, obradoiros, feira de artesanía e pasarrúas.

A festa comezará o venres 6 pola noite co festival Oroso en Vivo, e como non podía ser doutra maneira haberá tamén a tradicional degustación de troita na Alameda de Góis e nos establecementos de hostalaría colaboradores.

A nosa gran cita para a gastronomía e a diversión é como todos sabedes Festa de Interese Turístico, pero os que nos visitan atopan moitas cousas máis. Oroso é natureza, gastronomía e hospitalidade, sempre é un bo momento para saborear unhas troitas e pasear polos sendeiros naturais do noso municipio.

Quero agradecer a vosa axuda, polo agarimo co que tratades a todos os que sempre nos visitan nestas datas para pasar unhas horas nun lugar amigo e acolledor, algo que non sería posible sen a colaboración veciñal.

Grazas a este esforzo colectivo puxemos a Festa da Troita de Oroso no mapa, cun evento gastronómico e festivo que é unha referencia en Galicia, Castela-León e Portugal.

Co desexo de que desfrutedes moito da festa, moitas grazas e viva a troita!


Programa da Festa

programa festa da troita


  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
         - Orquestra Panorama
         - Orquestra Marbella
    Lugar: Alameda de Góis

  • 09:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as
  • 11:00 horas: Inauguración Feira de Artesanía".
    Lugar: Praza do Concello
  • 11:30 horas: Obradoiros infantís
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 19:30 horas: Asoc. Folklórica Lembranzas do Tambre e Buxos Verdes.
    Lugar: Alameda de Góis
  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO.
         - Orquestra Olympus
         - Orquestra Miramar
    Lugar: Alameda de Góis


  • 09:30 horas: Campionato de Pesca Infantil.
  • 12:00 horas: Pasacalles.
         - Charangas Os Atrevidos e Os Celtas/font>
  • 13:30 horas: Pregón Popular
    Entrega de premios e trofeos do Campionato de Pesca.
    Degustación de Troitas
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 14:15 horas: Sesión Vermú:
         - Orquestra Costa Dorada
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 19:30 horas: Verbena:
         - LEILÍA
         - Orquestra Costa Dorada
    Lugar: Alameda de Góis.
     



Relación de bares participantes na degustación de troitas.

BAR FALMEGA BAR FERNÁNDEZ CAFE BAR 1X2 PARRILLADA OROSO
MESÓN OS MADEIROS PARRILLADA O CACHOPAL REST. A CANTINA RESTAURANTE SEOANE
VINOTECA RAQUEL VIUDA DE NOUCHE BAR CORTÉS BAR O CAMPO
BAR TAPAS/td> PULPERIA MESON AS RIAS CAFE BAR EBANO CAFETERIA CHE
CAFETERIA D'VILA TAMBRE GOLF CERVECERIA 1900 MESÓN TAMBRE
O CAFÉ DE MANUELA ANBORE COFFEE-BAR




Colaboran: