Aviso Legal
O concello de Oroso ofrece esta web a través dos dominios concellooroso.com, oroso.gal e oroso.es para facilitar o acceso público a información da que dispón.
O concello de Oroso non é responsable da exactitude e da actualización da información procedente doutras persoas físicas ou xurídicas que aparezca na páxina web ou daquelas as que se remita mediante enlaces. Tampouco do uso désta información por terceiros.
O concello de Oroso non garantiza a inexistencia de erros no acceso a súa web, nin no seu contido nin que o mesmo se encontre actualizado, ainda que desenrolará todo o que esté no seu haber para correxir inmediatamente aquelas situacións nas que presenten prexuízo, que non correspondan a verdade ou que supoñan ofensa para algunha persoa física ou xurídica ou para algún colectivo.
O Concello de Oroso non se fará responsable dos danos que poideran ser ocasionados ó sistema informático dos usuarios de Internet por calquera causa, incluindo os danos pola existencia de virus na rede.
O Concello de Oroso resérvase a facultade de realizar en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modicacións ou actualizacións da información contida na páxina web, así como na configuración e presentación da páxina.
Política de Protección de Datos
De acordo co establecido pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que está a facilitar os seus datos de carácter persoal ao Responsable de Tratamento: CONCELLO DE OROSO (en adiante A ENTIDADE), con dirección PRAZA ISAAC DIAZ PARDO No1, 15888 - SIGÜEIRO (A CORUÑA).
1.- DPO:
O Delegado de Protección de Datos do CONCELLO DE OROSO é Servicios de Adaptación Continua en Protección de Datos RB, S.L. có que poderá contactar en info@oroso.gal.
2.- Finalidade do tratamento
Os datos recompilados serán unicamente os detallados no formulario de contacto, así como
aqueles que vostede mesmo facilítenos no apartado “Comentarios”.
A ENTIDADE poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes
finalidades:
- Xestionar a súa navegación a través do Sitio web.
- Xestionar o servizo de Atención ao cidadán, para dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquietudes que poida ter relativas á información incluída no Sitio web, así como calquera outras consultas que poida ter.
- Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relacións que a ENTIDADE manteña con vostede.
O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria, pode levar que non sexa posible xestionar a súa petición a través do formulario de contacto. No caso de que nos achegue Datos Persoais de terceiros, vostede responsabilízase de informar e obter o consentimento destes para ser achegados coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes da presente Política de Privacidade e Cookies.
3.- Lexitimación do tratamento dos seus datos de carácter persoal
A lexitimación baséase no consentimento que vostede nos outorga ao chicar o botón “ACEPTO A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS”
4.- Destinatarios de cesións
Non cederemos os seus datos a terceiros, salvo por obrigación legal.
5.- Dereitos
Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.
- Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
- Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ao esquecemento).
- Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ao tratamento
- Dereito á portabilidade dos datos
Para exercer os seus dereitos non ten máis que realizar unha solicitude por escrito e acompañala dunha copia do seu DNI.
6.- Medidas de seguridade
CONCELLO DE OROSO ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.