Ampliar
Descargar
|
Tres franxas de cor verde e amarela, cun castiñeiro no interior.
A cor verde das franxas exteriores foi elixida como paralelismo co medio natural e a
súa conservación, mentres que a franxa central de cor amarela destaca por albergar un
maxestoso castiñeiro que simboliza a autonomía municipal.
A árbore ten nas súas pólas catro ourizos, e encóntrase
envolta nunha hedra, honrando deste xeito o significado do topónimo de Oroso.
Aprobada polo Decreto 85/2008,
do 10 de abril D.O.G. núm.84 (do
2 de maio de 2008)
|