subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Promoción Económica

O obxectivo xeral do técnico local de emprego é fomentar a actividade económica e social no concello, coa finalidade de xerar crecemento económico e desenvolvemento social.


Actividades e Servizos

As actividades que se realizan e os servizos que se prestan agrúpanse en tres liñas de actuación:

  1. Dinamización socioeconómica no ámbito local:
    • Investigación das posibilidades de desenvolvemento económico do territorio.
    • Prospección dos recursos dispoñibles na zona para fomento de novas iniciativas de negocio xeradoras de emprego e riqueza.
  2. Promoción do emprego e da formación:
    • Área de promoción do emprego:
      • Orientación laboral.
      • Busca de emprego.
      • Asesoramento sobre aspectos socio-laborais.
      • Organización e impartición de xornadas e seminarios puntuais.
    • Xestión do emprego:
      • Bolsa de emprego.
  3. Promoción económica e creación da actividade:
    • Área de promoción económica:
      • Información, orientación e asesoramento empresarial.
      • Elaboración de estudos e análises económicos.
      • Formación en xestión empresarial.
    • Área de creación de actividade:
      • Apoio no proceso da posta en marcha das pequenas iniciativas de negocio.
      • Asistencia técnica no desenvolvemento inicial da empresa.
      • Orientación no acceso ós mecanismos de axuda e ós apoios financeiros a emprendedores.
      • Organización de xornadas informativas e cursos formativos para achegar ós potenciais emprendedores ós conceptos técnicos básicos que é preciso coñecer para a posta en marcha dunha iniciativa empresarial así como dos programas de axudas dispoñibles.