Servizo de Normalización Lingüística.
Novidades
Servizo de Normalización Lingüistica
O Concello de Oroso conta cun Servizo de Normalización Lingüística grazas á subvención concedida pola Deputación da Coruña para impulsar o proceso de normalización lingüística no concello. O obxectivo principal deste é, xa que logo, o de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal. As nosas funcións están centradas en varios planos diferentes:
Funcións xerais:
- Asesorar á Administración en todo o relacionado coa política lingüística.
- Facer un seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.
- Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos e das aspirantes.
Funcións de dinamización lingüística:
- Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega seguindo as directrices de política lingüística do organismo.
- Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
- Propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien á sociedade respecto ao uso da lingua galega.
- Propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.
- Promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización lingüística para que funcionen como axentes normalizadores na sociedade.
Funcións de formación sociolingüística:
- Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos.
- Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos, etc.
- Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas.
Funcións de asesoramento lingüístico:
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
- Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.
- Resolver dúbidas lingüísticas.
Ligazóns de interese relacionadas coa lingua e coa normalización
Institucións:
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación
- Real Academia Galega
- Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega
- Instituto da Lingua Galega
Organizacións e asociacións:
- Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
- A Mesa pola Normalización Lingüística
Dicionarios e vocabularios:
- Vocabulario ortográfico da lingua galega
- Dicionario da Real Academia Galega (adaptado á normativa 2003)
- Dicionario de galego de Ir Indo (adaptado á normativa 2003)
- Buscatermos
Correctores e tradutores automáticos:
- Corrector Imaxin Galgo 2.0
- Corrector para o Word de Windows
- Corrector en liña Ortogal
- Tradutor automático Es>GL da Xunta de Galicia
- Tradutor Apertium
Lexislación lingüística:
- Compilación de lexislación da lingua galega na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Toponimia:
- Nomenclátor de Galicia na páxina da Xunta de Galicia
- Nomenclátor de Oroso na páxina da Xunta de Galicia