subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso continúa coa renovación da rede de saneamento e abastecemento cun investimento de máis de 90.000 euros no núcleo de Os Carballo, na parroquia de Deixebre


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu plan integral de renovación da rede de saneamento e abastecemento municipal, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Dentro deste plan, sacou a licitación as obras para mellorar a rede no núcleo de Os Carballos, na parroquia de Deixebre, cun investimento de 91.788 euros.

“Un dos piares da nosa acción de goberno e a mellora e renovación continua dos servizos e infraestruturas públicas”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde

Estes traballos forman parte ademais da actuación conxunta no rural de Oroso anunciada en xullo polo grupo de goberno, con diferentes obras que suporán un investimento próximo aos 900.000 euros.