subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pecha a recollida de material para os afectados polo volcán de La Palma


orosoO Concello de Oroso pechou na mañá do venres a recollida solidaria de material entre a veciñanza para destinalo ás persoas afectadas polas consecuencias da erupción do volcán de La Palma.

As autoridades que traballan na zona afectada consideran que o material recollido en toda España é suficiente para esta primeira fase, agradecendo a solidariedade de todos os que participaron.

O que si se mantén é a posibilidade de colaborar cunha aportación económica para a fase de reconstrución das zonas afectadas. Pode facerse cunha transferencia co concepto ‘Donación volcán’ ao número de conta ‘ES 47 2100 9169 0122 0017 9456’ (La Caixa) ou através do Bizum (Código 03747).

O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, agradece o traballo realizado estes días pola concelleira de Benestar Social, Isabel Fernández, Protección Civil, voluntarios, “e por suposto quero dar as grazas aos veciños e veciñas, que responden sempre de forma maioritaria ante as iniciativas solidarias que poñemos en marcha desde o concello”.