subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ampliación do horario de atención presencial ao público no Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas da ampliación do horario presencial de atención ao público, grazas á mellora da situación epidemiolóxica.

Desde o luns 11 de outubro, o horario de atención será de 09:00 a 13:30 horas (desde o comezo da pandemia era de 09:00 a 12:00 horas).

O concello mantén por suposto nas súas instalacións todas as medidas de prevención e os protocolos Covid-19 vixentes.