subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso renova a senda que une a Ponte de Sigüeiro con Porto Avieira


orosoO Concello de Oroso continúa co seu plan para poñer en valor todos os espazos naturais do municipio, un dos seus principais atractivos.

Durante semanas, a brigada de obras municipal realizou tarefas de limpeza e desbroce na senda que vai desde a ponte de Sigüeiro ata a urbanización Porto Avieira, ao carón do campo de golf. Un camiño pola natureza á beira do río ideal para o paseo.

A senda pasa polo Refuxio de Sigüeiro e pola área de A Penateixa, dous dos enclaves naturais máis destacados do concello.

“Temos que potenciar e coidar o noso atractivo paisaxístico e natural, a senda necesitaba unha renovación e agora presenta un aspecto inmellorable a disposición de veciños e visitantes”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

Ademais desta actuación, a brigada de obras leva semanas facendo diversos traballos de limpeza e pintado do mobiliario urbano, tanto no casco urbano como nas parroquias.