subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novo servizo Oficina Cl@ave na Aula de Informática do Concello de Oroso


orosoCo fin de acercar a administración a todos os veciños o Concello de Oroso pon en marcha un novo servizo para a solicitude do sistema Cl@ve de xeito que simplificará o sistema de acceso nos procesos de identificación ante a Administración.

Que é Cl@ve?

Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. O seu obxectivo principal é que o cidadán poida identificarse ante a Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal), sen ter que lembrar claves diferentes para acceder aos distintos servizos.

Cl@ve complimenta os actuais sistemas de acceso mediante DNI-e e certificado electrónico, e ofrece a posibilidade de realizar firma na nube con certificados persoais custodiados en servidores remotos.

Trátase dunha plataforma común para a identificación, autenticación e firma electrónica, un sistema interoperable e horizontal que evita ás Administracións Públicas ter que implementar e xestionar os seus propios sistemas de identificación e firma, e aos cidadáns ter que utilizar métodos de identificación diferentes para relacionarse electronicamente coa Administración.

Ademais de posibilitar o acceso a trámites electrónicos a quen non dispón de certificado electrónico, o sistema Cl@ve achega un uso sinxelo, xa sexa a través dun contrasinal permanente ou dun código temporal, e seguro. É un sistema ademais que permite a tramitación electrónica en dispositivos móbiles que non admitan a firma electrónica con certificados electrónicos.

Que necesito para empezar?

Para usar o sistema, unicamente necesitas obter previamente a túa credencial electrónica de identificación.

Para iso deberás rexistrarte no sistema de forma presencial no servizo oficina Cl@ve na Aula de Informática do Concello de Oroso adherido ao sistema.

Ao rexistrarse, proporcionaránse dous tipos de claves de acceso:

Cl@ve PIN : orientada a accesos esporádicos, con contrasinal de validez moi limitada en tempo.

Cl@ve Permanente : orientada a accesos habituais, e ao uso da firma na nube , con contrasinal de validez duradeira no tempo, pero non ilimitada. É un sistema de acceso mediante usuario e contrasinal, reforzado con claves dun só uso remitido por SMS para certos servizos de nivel superior.

Unha vez que che rexistraras e activases estas claves de acceso, poderás utilizar Cl@ve en todos os servizos de administración electrónica que estean integrados co sistema.