subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sigüeiro celebra este venres as súas tradicionais festas na honra a Santa Eufemia.


Haberá unha gran verbena coas orquestras Bámbola e Costa Oeste.

Os veciños se veciñas de Sigüeiro e Barciela celebrarán este venres 16 de setembro as súas tradicionais festas na honra a Santa Eufemia. Unhas celebracións que comezarán con misas dende as 9:00 horas, estando programada a misa solemne para as 13:00 horas. Ao rematar o oficio relixioso terá lugar unha sesión vermouth a cargo da Banda de Arca e a orquestra Bámbola.

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, haberá xogos inchables para os pequenos. Despois da misa das 19:00 horas terá lugar un gran concerto da Banda de Música de Arca. Xa pola noite, as festas rematarán cunha gran verbena coas orquestras Bámbola e Costa Oeste.

Estas festas están organizadas pola Comisión de Festas de Sigüeiro-Barciela, en colaboración co Concello de Oroso. Ademais, os membros da comisión de festas realizarán unha rifa para o sorteo dunha estancia nun balneario, con 100 euros para gastos, entre todos os asistentes.