subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca o II Concurso de Fotografía “Muller Traballadora”.


As fotografías participantes exporanse no centro cultural de Sigüeiro durante do 8 ao 30 de marzo.

O Concello de Oroso vén de convocar a segunda edición do concurso de fotografía “Muller traballadora”, un certame aberto a todo o mundo, sexan profesionais ou afecionados, residan no municipio ou non. A única esixencia é que a temática das imaxes debe xirar en torno a situacións que reflictan o traballo das mulleres, en calqueira eido.

As fotografías, cun máximo de tres por participante, deberán presentarse na biblioteca municipal de Sigüeiro antes do vindeiro 2 de marzo. O Concello de Oroso destina 500 euros en premios: 250 euros para a fotografía gañadora, así como 150 e 100 euros para o segundo e o terceiro clasificados.

As fotografías deberán ser orixinais e non ter sido premiadas noutros concursos. O seu formato será de 20 x 30 centímetros, en cor ou en branco e negro, e presentaranse sen montar, sen paspartú, sen marco nin cristal. As bases do concurso prohíben o uso de calquera programa de retoque fotográfico.

As fotografías entregaranse baixo o sistema de plica e cun CD coa imaxe en formato dixital. Ademais, aquelas imaxes nas que apareza unha persoa identificable deberán contar co consentimento da persoa retratada. Todas as bases do concurso poden descargase da web municipal. (VER BASES).

O fallo do xurado darase a coñecer o vindeiro 8 demarzo, no marco das celebracións municipais do Día da Muller Traballadora. Ese día, e con todas as fotografías presentadas a concurso, o Concello de Oroso inaugurará unha exposición que poderá visitarse no centro cultural Fernando Casas e Novoa durante o mes de marzo.